-
Solicitude de Documento de Identificación Equina (DIE)
NOVO Formato: pdf
Este impreso consta de dúas páxinas iguais que deben ser asinadas na explotación de identificación tanto polo veterinario identificador como polo titular do animal.
O veterinario identificador nestas páxinas anotará os datos do titular do animal, o REGA da explotación de identificación e os microchips dos équidos a identificar.
O veterinario entregará unha folla ao titular do animal solicitante da identificación e outra folla deberá ser entregada no Colexio Oficial de Veterinarios,
debendo ter gravado previamente, no sitio web www.siregal.org ,
a información completa da solicitude (datos do solicitante e dos animais identificados).
-
Folla para anotación de datos de animais incluídos nunha solicitude
NOVO Formato: pdf
Documento que debe cumprimentarse para cada animal identificado (especie, raza, data de nacemento, NPU da nai, REGA de nacemento, ...) e que debe xuntarse ao documento "Solicitude de Documento de Identificación Equina".
O veterinario identificador e o titular do animal deben asinar este documento que debe entregarse polo veterinario identificador no seu Colexio Oficial de Veterinarios,
debendo ter previamente gravado, no sitio web www.siregal.org, a información completa da solicitude (datos do solicitante e dos animais).
-
Modelo de Declaración de cambio de titularidade equina
Formato: pdf
O novo titular dispón dun prazo de 30 días hábiles desde que se produce o cambio de titularidade para comunicar este feito á OAC correspondente
ou á o organismo emisor segundo se trate de animais de crianza e rendemento ou rexistrados respectivamente.
Para realizar este trámite a través da OAC, presentará o DIE e máis o modelo normalizado de cambio de titularidade dispoñible nas OAC e en SIREGAL.
O cambio de titularidade nos équidos que dispoñen de TME realizarase a través dela. Como neste momento o software do MAPAMA/FNMT para realizar
cambios na TME non está dispoñible, o cambio de titularidade realizarase como se os équidos non tiveran TME.
-
Modelo de solicitude de emisión de DUPLICADO do DIE (NPU 724911xxxxxxxxx emitido por Xunta de Galicia)
Modelo de solicitude de emisión do DUPLICADO do DIE (emitido por outro Organismo Emisor diferente á Xunta de Galicia)
Formato: pdf
Solicitarase a emisión dun DIE duplicado en caso de perda ou deterioro do anterior DIE expedido
para équidos de crianza e rendemento da Comunidade Autónoma de Galicia e cando se poda acreditar
por algún medio (lectura do microchip xeralmente ou outros medios) a identidade do animal.
O titular/propietario debe poñerse en contacto cun veterinario identificador que, tras facer
as comprobacións oportunas, realizará as xestións para a
expedición dun novo DIE duplicado. Previamente deberá ter cuberto o modelo de solicitude
de emisión dun documento duplicado.
-
Modelo de solicitude de emisión SUBSTITUTIVO de DIE
Formato: pdf
Solicitarase a emisión dun DIE substitutivo en caso de perda ou deterioro
do anterior DIE expedido e cando non se poda acreditar por ningún medio a
identidade anterior do animal, independentemente de que o équido
anteriormente posuíra un DIE emitido como équido rexistrado ou como équido
de crianza e rendemento por outras entidades emisoras doutras Comunidades
Autónomas.
-
Modelo de solicitude de duplicado de microchip inxectable
Formato: pdf
É posible a perda ou máis frecuentemente, a inactivación dos microchip inxectables.
Nestes casos é necesario implantar un novo microchip coa mesma codificación que o microchip inicial.
- O solicitante debe presentar a solicitude de emisión dun duplicado na OAC
- Os SSVVOO comproban cun lector que efectivamente o animal é o que consta no DIE e que non posúe microchip activo
- Os SSVVOO asinan a solicitude indicando a conformidade da petición
- O solicitante fai a solicitude oportuna ao colexio veterinario correspondente
- O colexio de veterinarios pide o duplicado á empresa subministradora e llo remite ao veterinario identificador
- O veterinario identificador implanta o microchip e fai constar a nova codificación (22 díxitos iguais ao chip anterior + 1 díxito distintivo de que se trata dun duplicado) en Siregal
- Siregal traslada a nova codificación do animal a Sistema Integrado
-
O veterinario identificador debe incluír a nova pegatina da codificación do chip:
-
Nos DIEs antigos (Regulamento (CE) No 504/2008): o veterinario identificador debe incluír a nova pegatina da codificación do chip na sección I do DIE
(na parte superior do punto (5) Código do transpondedor, se non oculta a posible información que poida existir na reseña).
Sinalará unha referencia do tipo Ver páxina 34 e nesta páxina indicará que: "En data X foi implantado un microchip duplicado por inactivación/perda do microchip
orixinal", que asinará e selará.
-
Nos DIEs novos (Regulamento (CE) No 262/2015) : o veterinario identificador debe incluír a nova pegatina da codificación do chip na sección I C do DIE
e indicará que "En data X foi implantado un microchip duplicado por inactivación/perda do microchip orixinal", que asinará e selará.