DOCUMENTACIÓN E ENLACES DE INTERESE

Cambio de crotal electrónico a microchip inxectable

Segundo o Decreto 142/2012, de 14 de xuño, polo que se establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos en Galicia, un animal nado en Galicia e identificado cun crotal electrónico so pode ter como destino un cebadoiro ou un matadoiro.

Debe informar claramente ao propietario/titular de que o animal debe ser obrigatoriamente destinado ao sacrificio para consumo humano polo que non será posible un cambio futuro do destino do animal “para vida” e consecuentemente a substitución do crotal electrónico por un microchip inxectable e a posterior expedición dun DIE de crianza e rendemento a través de Siregal. Polo tanto, o titular debe ter claro que se desexa que exista a posibilidade futura de que o animal sexa destinado a vida, debe optar por realizar a súa identificación con microchip inxectable a través de Siregal.

Aos animais identificados fóra de Galicia non lles afecta este decreto, polo que pode darse a situación de que algunha explotación equina galega reciba animais con crotal electrónico cuxa persoa titular desexe o cambio da finalidade do animal, considerandoo un animal de crianza e rendemento non destinado a sacrificio como animal de abasto como fin inmediato.

Instrucións e modelo de solicitude de microchip inxectable para équidos identificados fóra de Galicia con crotal electrónico