Cando na copia do xustificante da solicitude de identificación ou ben no propio DIE recibido,
un titular adverta algún erro nos datos que consten neses documentos, debe solicitar o antes posible
ao veterinario identificador a corrección deses erros. O veterinario identificador comunicará o antes
posible a través de SIREGAL os datos a corrixir.
Determinados datos (microchip, especie e aptitude para consumo) requiren dun procedemento ou autorización especial
polo cal nestes casos o veterinario debe solicitar a corrección por mail a
siregal@siregal.org
No caso de cambio de aptitude para consumo humano (solicitude de cambio de NON APTO a APTO), os Servizos Veterinarios Oficiais
analizarán o motivo do erro e máis o prazo transcorrido desde a comunicación inicial dos datos iniciais de non aptitude
e a data de solicitude da corrección destes , que non poderá ser superior a 10 días a partir da data de recepción do DIE
polo propietario/titular, e concederá ou non o cambio no caso da aptitude segundo corresponda
Para comprobar se o DIE estaba xa emitido antes de realizar a corrección dos datos solicitada,
vostede pode consultar os datos gravados polo veterinario mediante a opción Estado solicitude DIE.
Na parte inferior consta, no caso de que o DIE xa fora emitido, a data de emisión deste ou ben o texto “Pendente”
no caso contrario.
As posibilidades son dúas:
-
Se a corrección de datos se realiza antes da emisión do DIE inicial, emitirase este cos datos xa corrixidos.
Esta operación non implicará custe suplementario.
-
Se o DIE xa fora emitido antes de que o veterinario realice a corrección de datos, emitirase outro novo DIE
cos datos corrixidos que o veterinario entregará ao titular do équido contra entrega do DIE orixinal incorrecto.
O Colexio de Veterinarios destruirá este DIE incorrecto. Esta reemisión do novo DIE implica un custo que lle será
facturado ao veterinario identificador, quedando a criterio deste repercutir on non este custo ao titular.
A folla de solicitude asinada polo titular permitirá comprobar se a causa da modificación de datos solicitada se
debe a un erro na subministración de datos polo titular ao veterinario, ou ben se trata dun erro de gravación por
parte deste.
A emisión dos DIE realizarase ao inicio dos días 1 e 16 de cada mes. Polo tanto o veterinario dispón ata eses
días para corregir as solicitudes feitas durante os quince días anteriores.