É posible a perda ou máis frecuentemente, a inactivación dos microchip inxectables.
Nestes casos é necesario implantar un novo microchip coa mesma codificación que o microchip inicial.
- O solicitante debe presentar a solicitude de emisión dun duplicado na OAC
- Os SSVVOO comproban cun lector que efectivamente o animal é o que consta no DIE e que non posúe microchip activo
- Os SSVVOO asinan a solicitude indicando a conformidade da petición
- O solicitante fai a solicitude oportuna ao colexio veterinario correspondente
- O colexio de veterinarios pide o duplicado á empresa subministradora e llo remite ao veterinario identificador
- O veterinario identificador implanta o microchip e comunica mediante email a nova codificación (22 díxitos iguais ao chip anterior + 1 díxito distintivo de que se trata dun duplicado) a Siregal.
- Siregal traslada a nova codificación do animal a Sistema Integrado
-
O veterinario identificador debe incluír a nova pegatina da codificación do chip:
-
Nos DIEs antigos (Regulamento (CE) No 504/2008): o veterinario identificador debe incluír a nova pegatina da codificación do chip na sección I do DIE
(na parte superior do punto (5) Código do transpondedor, se non oculta a posible información que poida existir na reseña).
Sinalará unha referencia do tipo Ver páxina 34 e nesta páxina indicará que: "En data X foi implantado un microchip duplicado por inactivación/perda do microchip
orixinal", que asinará e selará.
-
Nos DIEs novos (Regulamento (CE) No 262/2015) : o veterinario identificador debe incluír a nova pegatina da codificación do chip na sección I C do DIE
e indicará que "En data X foi implantado un microchip duplicado por inactivación/perda do microchip orixinal", que asinará e selará.
Engádese aquí o modelo de
solicitude de duplicado de inxectable